Foi o libro máis vendido na pasada Feira do Libro de Buenos Aires. E se esperta interese nos galegos e galegas de fóra, hai ben de anos que non esperta menos nos de aquí. A 'Historia de Galicia' de Ramón Villares é un clásico dos nosos días, un ensaio fundamental xa dende o intre da súa publicación no ano 1984, e moito máis agora, revisada e actualizada polo autor á luz das investigacións dos 20 últimos anos.
Xa nas librerías de todo o país.