Nos cen anos de Xosé María Álvarez Blázquez

Categoría: Nova

Onte 4 de febreiro, cumpríronse cen anos do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915- Vigo, 1983), o escritor, libreiro, editor, mestre, arqueólogo, investigador, e moitas cousas máis, pero sobre todo galeguista, "galeguista de aceiro e pedra fina", tal que del ten dito Darío Xohán Cabana.
Do seu inxente labor, ademais das numerosas obras publicadas, tanto propias como alleas, fica constancia nos voluminosos e valiosos fondos arquivísticos, xenerosamente doados pola súa familia á Penzol no 2013.
En agradecemento, a Fundación celebra este xoves 5, xunto cunha representación do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo e mais cos fillos e fillas de don Xosé Mª, un acto de lembranza e conmemoración do centenario do egrexio persoeiro, ó que tamén asistirá o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Comparte nas túas redes sociais ou por email