No día do pai

Categoría: Nova

O sábado celebramos o Día do pai. Unha data na que os proxenitores son os protagonistas.
Pais biolóxicos, adoptivos… non importan as etiquetas, o que realmente importa neste día é celebrar o agarimo e amor incondicional co que os pais coidan e acompañan ás súas crianzas. A familia, que pode ser de moitos xeitos distintos, é un universo no que se xeran lazos que nos acompañarán toda a vida.
A figura paterna, que coa súa axuda e apoio, acompaña no proceso de crecemento das máis pequenas, é un pilar fundamental para a vida das súas fillas e fillos.
Este é un día moi especial para homenaxear aos nosos pais, dicirlles canto os queremos, e o importantes que son para nós. Que mellor maneira de facelo ca lendo un conto antes de durmir con eles?

Comparte nas túas redes sociais ou por email