No Día da Tradución

Categoría: Nova

Como cada día 30 de setembro celébrase o Día da Tradución.
A Asociación de Tradutores Galegos organizou para conmemorala, na sala de conferencias de novaCaixagalicia en Vigo ás 20,00 horas, unha conferencia sobre "Plácido Castro, tradutor", que impartirá o profesor da Universidade de Vigo, Alberte Álvarez Lugrís.
Plácido Castro foi un dos grandes pioneiros da tradución ao galego, verquendo á nosa lingua, con especial forza nos anos corenta do século pasado, a moitos poetas irlandeses e ingleses, tratando de levar a modernidade a este ámbito cultural.
Hoxe en día, nun intre no que as traducións xa non dos clásicos senón dos grandes literatos contemporáneos é moeda común, cómpre lembrar a figura deste galeguista que tamén, dende o seu ámeto de traballo, soubo facer do galego lingua universal de cultura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email