Neira Vilas recibe a madalla de ouro de Galicia

Categoría: Nova

"Sempre me considerei un xornaleiro das letras", declarou Xosé Neira Vilas no seu discurso: "Toda a miña obra esta dedicada a Galicia e escrita en lingua galega. Espero ser merecente da honra que se me fai e, se non o son, espero selo no resto de vida e de enerxía que me quede".

Xunto co autor de Memorias dun neno labrego, recibiron medallas o deportista David Cal, o oftalmólogo Manuel Salorio e a viuva do xornalista Enrique Beotas (Galicia Sexta Provincia) que faleceu no accidente de Angrois no ano 2013. David Cal tivo palabras especialmente afectuosas para Neira Vilas: "Deprendín a ler en galego co seu libro e nunca o esquecerei". Igual que varias xeracións de galegos e galegas, que dalgún xdito estaban representados no acto.

O director xeral de Galaxia, a representante da Fundación Penzol e varios autores e autoras da nosa casa acompañaron ao escritor na ceremonia.

Aquí podedes ver algunhas das referencias á nova na prensa:
La Voz de Galicia: galería de fotos.
Telexornal TVG
Telexornal TVE (a partir do minuto 4:15)

Comparte nas túas redes sociais ou por email