O pasado martes axitábase a escena cultural galega ao se coñecer o comunicado no que Berrogüetto anunciaba a súa despedida dos escenarios logo de 18 anos e moitos discos. O seu derradeiro traballo, o libro-disco-DVD que publicamos en Galaxia, da autoría de Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' convírtese, así, no seu legado definitivo, recopilación de emocións e crónica dun grupo irrepetible.
Dende a familia da Editorial Galaxia queremos recoñecer o traballo de Berrogüetto e o orgullo que para nós foi que confiasen no noso equipo editorial para contar a súa historia que, agora, xa está para sempre na memoria de todos e de todas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR