Moaña é unha aventura

Categoría: Evento, Nova

O pasado venres presentamos no Concello de Moaña, a edición especial do libro de Domingo Villar, O último barco, que, como explicou a alcaldesa da vila do Morrazo, Leticia Santos, servirá como agasallo institucional mais, sobre todo, para que as alumnas e alumnos dos institutos de Moaña, as bibliotecas e as asociacións da vila, poidan gozar desta obra que pon Moaña e sobre todo a costa de Tirán, no centro da súa trama. Os libros saen publicados nesta edición especial, non venal, co logo do concello de Moaña e unha faixa co lema MOAÑA É UNHA AVENTURA!

Comparte nas túas redes sociais ou por email