Miguel Sande

Categoría: Recensión

Recomendo o poemario Fascinio, de Chus Pato, que vén de editar Galaxia este verán, e os demáis libros de poemas desta autora, porque amosa sempre un mundo, como dicilo, que ti non es quen de ver se non o les nos versos dela. É pola linguaxe. Como teño escrito xa no suplemento Culturas, da Voz, Chus Pato ten unha linguaxe propia, só dela, de ninguén máis; iso é ao que aspiramos os poetas ou, en verdade, calquera autor. E con esa linguaxe súa ábrenos os ollos á unha poética propia, a esa poesía que é só dela. Non a atopas en ninguén máis. É verdade. Paréceme que é así. Isto ocorre só con algúns poetas, non demasiados. É o que a min me atrae verdadeiramente do seu mirar poético. Que me pode levar coas súas palabras a lugares e a imaxes que, de seguro, nunca antes vin. É iso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email