Miguel Anxo Murado recibe o premio de xornalismo Fernández Latorre

Categoría: Nova

Autor de Galaxia e unha das personalidades máis sobranceiras da literatura e do xornalismo galego, Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) recibe hoxe o Premio de Xornalismo Fernández Latorre, promovido polo xornal La Voz de Galicia, no que Murado é colaborador literario e analista político.
Miguel Anxo Murado vén de publicar na colección Literaria de Galaxia dúas mostras do mellor xornalismo literario. “Escrito en cafeterías” (2016) e máis recentemente “Libro de horas”. Hai poucos días que saíu ás librerías, na colección Mar Maior, a versión en castelán do seu libro “Miércoles de ceniza”, traducido por María Xesús Lama. Parabéns ao compañeiro de letras!

Comparte nas túas redes sociais ou por email