Este venres, en Tui, a locomotora da familia María Fumaça fará unha parada en Tui, concretamente co espectáculo familiar 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú!' baseado no segundo libro-disco publicado na nosa editorial.
As entradas van dende os 3 aos 4 euros e, sen dúbida, serán unha boa maneira de empezar a fin de semana. Música, baile e, sobre todo, alegría garantidas da man dun tren cargado cuns viaxeiros que saben moito sobre como facer felices a pequenos e grandes.
FICHA TÉCNICA DO ESPECTÁCULO
Dirección: Uxía Senlle e Sergio Tannus
Elenco: Uxía, Sergio
Tannus, Magín Blanco e Santiago Cribeiro
Son: Isaac Palacín
Escenografía:
Pablo Pastor