A cineasta Margarita Ledo Andión presenta o filme A cicatriz branca, que abre a nova colección Libro cinema de Editorial Galaxia cun pack de DVD con subtítulos e cun mollo de textos de José Manuel Sande e Pilar Cagiao, e unha serie de colaboracións en forma de textos escritos por xente que formou parte do equipo do filme: a propia Margarita, Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero, Xoana Pintos, Ramiro Ledo e Abe Rábade, que dan idea de que o filme foi, alén dunha experiencia profesional, un espazo de relacións íntimas.
O filme trata, a través dunha historia persoal, a problemática da emigración das mulleres galegas en solitario a América durante o século XX.