Manuel Pérez Rúa, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Categoría: Nova

(10 de decembro. 13.04 horas) Hai escasos minutos vén de darse a coñecer o fallo do xurado da VIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio nunha rolda de prensa na que participaron representantes de todas as entidades convocantes: Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia e Luís Díaz, delegado xeral en Galicia de Gas Natural-Unión Fenosa.
O gañador resultou ser Manuel Pérez Rúa (Moaña, 1956), ex traballador de Ascón, é sociólogo e técnico de cultura do Concello de Moaña. O autor ten publicados os libros 'Moaña' e, xunto con Daniel Romero, 'Galicia S. L.'. Colabora habitualmente en estudos de cultura e territorio coas universidades de Vigo e Santiago.
O xurado valorou moi especialmente 'a orixinalidade do tema e do seu enfoque. A idea de facer un ensaio a base de testemuños directos, o que se entende por historia oral, outórgalle ao texto unha importante dose de credibilidade. Tamén o tema dunha xeracíón que vive ao longo da súa vida cambios tan importante como o paso da ditadura do franquismo á democracia e a modernización da sociedade galega'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email