Mañá, martes 7 de febreiro, celebrarase, ás 11:30 h, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación da IV edición da Escola de Letras.
Participarán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de Letras, e Antonio García Teijeiro, escritor e docente da Escola de Letras.
A Escola, abre o mércores 8 de febreiro, ás 8 da mañá, o prazo de matriculación para todas as persoas que desexen participar.
A través de varios obradoiros, que se estenderán ata o mes de outubro, cinco profesoras e profesores ofrecerán información aos alumnos para aprender a escribir e desenvolver o seu propio estilo literario.
Cada unha das peticións formalizaranse por estrita orde de chegada. Os obradoiros constan de quince prazas cada un; haberá unha lista de agarda para cubrir posibles baixas de matriculados.