Mañá abrirase a matrícula para a IV edición da Escola de Letras

Categoría: Nova

Hoxe presentouse, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a IV edición da Escola de Letras.

Participaron, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de Letras, e os docentes Antonio García Teijeiro e Esther Carrodeguas.

A Escola, abre, mañá, mércores 8 de febreiro, ás 8 da mañá, o prazo de matriculación para todas as persoas que desexen participar.

A escritora e docente Inma López Silva será a encargada de inaugurar esta cuarta edición, cos seus obradoiros nas cidades de Vigo e Pontevedra, que comezarán o día 1 de marzo.

Só estará aberta a matrícula para estes dous obradoiros. Para os vindeiros, abrirase o prazo de inscrición durante o transcurso da edición.

Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando:
-Nome completo da alumna/o.
-Correo electrónico.
-Número de teléfono.
-No ASUNTO e no CORPO do correo hai que sinalar o obradoiro, cidade e docente, no que se quere un matricular, por orden de preferencia.

A través de varios obradoiros, que se estenderán ata o mes de outubro, cinco profesoras e  profesores ofrecerán información aos alumnos para aprender a escribir e desenvolver o seu propio estilo literario. O horario para todos os obradoiros é de 18 h a 20 h.

Cada unha das peticións formalizaranse por estrita orde de chegada. Os obradoiros constan de quince prazas cada un; haberá unha lista de agarda para cubrir posibles baixas de matriculados. Terán preferencia as persoas que non participaron na Escola anteriormente.

OBRADOIRO LITERARIO EN VIGO CON INMA LÓPEZ SILVA

Días: 1, 8, 22 e 29 de marzo; 12, 18, 19 e 26 de abril

OBRADOIRO LITERARIO EN PONTEVEDRA CON INMA LÓPEZ SILVA

Días: 2, 9, 23, 30 de marzo; 13, 20, 27 de abril; 2 de maio

OBRADOIRO DE POESÍA EN PONTEVEDRA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Días: 3 e 10 de maio

OBRADOIRO LITERARIO EN PONTEVEDRA CON DIEGO GIRÁLDEZ

Días: 12, 19 e 26 de setembro; 2, 9, 16, 23, 30 de outubro

OBRADOIRO LITERARIO EN VIGO CON ESTHER CARRODEGUAS

Días: 3, 10, 18, 24, 31 de maio

OBRADOIRO DE POESÍA EN VIGO CON MARTA DACOSTA

Días: 7 e 14 de marzo

Comparte nas túas redes sociais ou por email