Mañá fállase o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Categoría: Nova

Mañá reúnese en Compostela o xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012, formado por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros, Encarna Otero, Carme Vidal e Carlos Lema, como secretario con voz e voto. Optan ao premio, gañado na anterior edición por Teresa Moure con Queer-emos un mundo novo, sete orixinais; o gañador será publicado por Editorial Galaxia na colección Ensaio e recibirá 3000 euros. O premio está organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.

Previa xuntanza do xurado, o gañador ou gañadora darase a coñecer nunha rolda de prensa que se celebrará ás 13 horas no Centro Ramón Piñeiro da Barcia

Comparte nas túas redes sociais ou por email