Mañá comeza o Simposio Díaz Castro

Categoría: Nova

A Academia ponlle o ramo ao ano dedicado a Xosé María Díaz Castro coa celebración dun simposio, que terá lugar no salón de actos desta institución, no que varios especialistas analizarán os aspectos máis relevantes da vida e a obra do autor de Nimbos.
Na sesión de mañá tomarán a palabra Armando Requeixo, Carme Blanco, Luís González Tosar, Félix Villares Mouteira e Xesús Manuel Valcárcel, mentres que, na de tarde, intervirán Xosé Manuel Salgado, María Xesús Nogueira, Andrés Torres Queiruga, Afonso Blanco Torrado, Victorino Pérez Prieto, Engracia Vidal Estévez e Xesús Alonso Montero.
A programación do Simposio pódese descargar na ligazón á dereita destas páxinas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email