Escoller onde buscar

Máis 'Instrucións para tomar café'

Categoría: Nova

Que un libro de Manuel Núñez Singala sexa un éxito non é algo que nos sorprenda especialmente. Tanto coas súas obras de teatro, como de corte sociolingüística ou xuvenil ou adultos, os libros deste autor coñecen sucesivas edicións porque gozan do favor unánime de público e crítica.
Por iso estes días chega, a pesar de que hai moi pouco tempo que saiu do prelo, a segunda edición de 'Instrucións para tomar café' ás librerías de todo o país, un mollo de relatos, microrelatos e textos variados que poden servir, ademais de para pasar un tempo literariamente agradable, para coñecernos mellor a nós propios, aos galegos e galegas, todo, dende a ollada retranqueira á que Núñez Singala nos ten máis que acostumados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email