O acto terá lugar hoxe martes, ás 20:00 horas, na carpa da Feira do Libro da Coruña. O autor estará acompañado por Paula García Márquez, directora de comunicación de Galaxia, e Ángel de la Cruz, director e produtor de cine. A súa produtora ARTEMÁTICA será a encargada de levar ao cine esta novela.
O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en Galicia. A trama está ambientada na vaga de lumes que afectou o país non verán de 2006. A partir da morte por sobredose dun mozo, Soutelo meterase nunha espiral de descubertas nada agradables vinculadas con sectores como o da construción e a especulación inmobiliaria.
Con este novo título, as aventuras do investigador consolídanse como unha das series policiais galegas máis populares. A serie de Soutelo comezou no 2002 con 'Un nicho para Marilyn' e continuou con 'Luar no inferno' e 'Tres disparos e dous friames'.