Tal día coma hoxe, un 22 de xuño de 1872, morría, na Coruña, a activista política, mecenas das artes, impulsora da industria e da agricultura e escritora Juana de Vega.
De xullo de 1841 a xullo de 1843 desempeñou o cargo de aia da futura raíña Isabel II e da súa irmá a Infanta Luísa Fernanda, así como Camareira Maior.
Na Editorial Galaxia acabamos de publicar Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Unha lectura fundamental para comprender a vida dunha muller completamente adiantada á época.
Como se comparte no limiar do libro “todas as aventuras, as de Juana de Vega están unidas a desventuras. Sen desventura non hai verdadeira aventura”. Ela foi unha figura clave, que participou de forma activa na vida pública nuns tempos nos que isto non lles estaba permitido ás mulleres. Co seu tesón, conseguiu amosar que as batallas polas causas perdidas son semente de futuro.