Hoxe é o Día Mundial da Música

Categoría: Evento

Hoxe, día 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da Música e, para festexalo, compartimos con todas e todos vós Lingua guapa. Cantos que contan…,un fermosísimo traballo de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo.
LINGUA GUAPA é un libro-disco, da colección Sonárbore, que chega para voarmos por todas as músicas do mundo.
Teño unha lingua moi longa con quilómetros de historia. Leva palabras de azucre que aturuxan na memoria.
Podedes ver o tráiler deste traballo excepcional premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email