Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas

Categoría: Nova

Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas, unha data que celebra a importancia do labor que levan a cabo estes espazos, tesoureiros da cultura e das letras. Templos da lectura, que defenden e acubillan as palabras, achegándoas a nenas,  nenos, e maiores.
Organismos cómplices, encárganse de manter e crear a novas lectoras e lectores, espallando as nosas novidades editoriais e coidando de grandes clásicos, que xa gozan dun espazo propio nos seus andeis.
Compartir o pracer da lectura e celebrar, hoxe e sempre, o amor polos libros. Feliz Día das Bibliotecas!

Comparte nas túas redes sociais ou por email