“Coma dixo a Morte: “Pagaría a pena vivir se non existise a morte?
Quen gozaría do sol se endexamais chovese?
Quen cobizaría o novo día se non existise a noite?”
Na vida pasamos por diferentes procesos que son difíciles de comprender. Un deles é a morte.
A inspiración para crear este libro naceu da propia experiencia persoal do autor. Glenn Ringtved escribiu este conto para os seus fillos pequenos cando a súa avoa estaba morrendo. Ela usou as mesmas palabras que titulan a historia e díxolles que o corazón chora, pero endexamais racha, a pesar da tristeza, a vida segue.
Este libro é unha auténtica alfaia que axudará á cativada a comprender este proceso natural da vida. Un asunto que aínda aterra a grandes e pequenos e que está contado a través dunhas verbas sandables, que chegan á alma. Ringtved axuda ás súas lectoras e lectores a percorrer o camiño de superación da dor da morte, a lidar coas perdas e, a pesar de todo, a celebrar a vida.