Galicia e o cine

Categoría: Nova

O último número da revista GRIAL dedicámolo aos 25 anos do cine en Galicia. Por unha banda, cúmprese un cuarto de século do noso cine moderno, por outro, celebramos a estrea de A Esmorga, a fita na que Vía Láctea Filmes, a Televisión de Galicia e a Editorial Galaxia uniron esforzos para levar á gran pantalla, en direción de Ignacio Vilar, a inmorrente obra de Eduardo Blanco Amor.
Na ligazón da dereita, podes descargar o traballo de Miguel Anxo Fernández que abre o caderno central que dedicamos a eses 25 anos de cine en Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email