Esta semana chega ás librarías de toda Galicia o primeiro dos libros que a Editorial Galaxia publicará dentro da súa nova colección O noso deporte. Esta colección pretende achegarlle ao público galego as vidas, fitos e temas relacionados co deporte galego escritos por especialistas de primeiro nivel e cun evidente afán divulgativo.
O libro Manuel de Castro. Handicap. Crónica dunha paixón, de Adrián Estévez Iglesias, é o encargado de inaugurar esta nova colección. Unha proposta que homenaxea o centenario do RC Celta. En breve, a Editorial publicará novos títulos centrados na historia do fútbol feminino e na orixe do balompé en Galicia.
Neste primeiro volumen adicado ao unanimente considerado fundador do Celta de Vigo, Manuel de Castro, Hándicap, Estévez presenta a crónica dunha paixón polo deporte. Un libro que estuda minuciosamente a figura do xornalista, árbitro de fútbol, seleccionador nacional e galego, e dirixente federativo: Manuel de Castro González, Handicap (Vigo, 1885-1944). Un dos primeiros periodistas deportivos de fama nacional, cronista nas olimpíadas (Antuerpen, París e Ámsterdam) e un dos artífices do nacemento en 1923 do Real Club Celta de Vigo, tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo.
Esta semana, chegará as librarías de toda Galicia.
Editorial Galaxia publica esta obra no ano en que o RC Celta chega aos 100 anos de vida. Unha efeméride que propicia a creación da colección O noso deporte. Unha aposta que pon en valor o deporte galego e tamén darlle o seu espazo ás seccións femininas. O vindeiro libro que agardamos é De Irene a Vero Boquete, da autoría de Héctor Pena. Unha proposta que estuda o fenómeno deportivo feminino.
Adrián Estévez Iglesias (Pontevedra, 1983) é filólogo e mestre de formación, e traballa como corrector lingüístico. Traduciu para o galego a novela de John Fante A irmandade da uva, e publicou poemas e relatos en revistas e fanzines. Edita na Wikipedia en lingua galega desde 2007, onde colabora na redacción de artigos enciclopédicos e con fotografías para ilustralos. É padroeiro da Fundación Otero Pedrayo, xoga ao fútbol gaélico no Auriense F. G. e canta no grupo musical Columna Vegana.