Mañá mércores, día 28, o presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño; o vicepresidente, Ramón Barros; e o exfutbolista Giovanella acompañarán á escritora Beatriz Maceda Abeleira na presentación da novela infantil O álbum de Garrincha. A cita é ás 20h, na Casa do Libro, e na presentación tamén participarán o crítico literario Ramón Nicolás e o editor Francisco Castro.
Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo e coa columna vertebral como unha interrogación que chegou a ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos e a súa historia axuda ao rapaciño brasileiro Joao, que acaba de chegar a unha vila galega, e aos seus novos compañeiros e compañeiras a entender o mundo (ás veces hostil) que os rodea.