A Escola de Letras volve cunha nova edición

Categoría: Nova

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas as persoas que estean interesadas en aprender e gozar da palabra con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Con novas propostas, o vindeiro luns 1 de marzo, ás 8:00 h, abrirase o prazo de inscrición da Escola.
Para formalizar a matrícula hai que enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando:
-Nome completo da alumna/o.
-Correo electrónico.
-Número de teléfono.
-No ASUNTO e no CORPO do correo hai que sinalar o obradoiro e o docente no que se quere un matricular, por orden de preferencia. Só é posible anotarse en dous cursos por persoa.
A inscrición formalizarase por estricta orde de chegada das solicitudes ata completar o aforo de cada curso. Terán preferencia as persoas que non participaron en ningún obradoiro.
De seguido, vai a relación dos obradoiros e as cidades nas que se celebrarán. Todos os cursos se impartirán nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra en horario de 18:00 a 20:00 h.
(Pode adaptarse á modalidade telemática se a situación sanitaria cambia)
OBRADOIRO LITERARIO CON INMA LÓPEZ SILVA (8 SESIÓNS) en Vigo.
Días: 15 e 22 de marzo; 12, 19 e 26 e abril; 3, 10 e 24 de maio.
OBRADOIRO LITERARIO CON INMA LÓPEZ SILVA (8 SESIÓNS) en Pontevedra.
Días: 17 e 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril; 5, 12 e 19 de maio.
OBRADOIRO DE POESÍA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO (2 sesións) en Pontevedra.
Días: 2 e 9 de xuño
OBRADOIRO LITERARIO CON ANNA FIGUEIREDO: ESCRIBIR UNHA NOVELA (8 sesións) en Vigo
Días: 15, 22 e 29 de setembro; 6, 13, 20 e 27 de outubro; 3 de novembro.
OBRADOIRO LITERARIO CON DIEGO GIRÁLDEZ (5 sesións) en Pontevedra
Días: 6, 13, 20 e 27 de outubro; 3 de novembro
OBRADOIRO DE POESÍA CON ELVIRA RIBEIRO (2 sesións) en Pontevedra
Días: 2 e 9 de decembro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email