A Editorial Galaxia recibe a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego

Categoría: Nova

Onte pola mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego que quixo partillar con nós as súas ideas de cara ao apoio ao mundo da edición e do libro de Galicia. Acodiron á nosa sede de Vigo, Luís Bará, Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González. Foron recibidos polo noso presidente, Antón Vidal Andión, quen os agasallou con exemplar orixinal do ano 1950 dos Estatutos da Editorial Galaxia e polo director xeral Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email