Ecos da presenza de Galaxia en Buenos Aires

Categoría: Nova

Recollemos algunhas pequenas mostras dos primeiros ecos da presenza de Galaxia na capital arxentina, ademais da participación na Feira Internacional do Libro en Buenos Aires. Manuel Corral, xornalista e coñciñeiro, home da televisión arxentina e da comunicación, faise eco da iniciativa de Mar Maior e promete un libro seu: "La cocina argentina de las abuelas gallegas", na liña doutras publicacións súas de notable éxito como "Cociña Celta. Recetas & Leyendas" (2006) ou "Cocina para consentidos" (2004). Manuel Corral Vide (Lugo, 1952) é propietario do restaurante Morriña, recoñecido entre os dez primeiros da "cociña étnica" en Buenos Aires, e condutor dun popular programa de de radio e televisión sobre gastronomía (AM Radio América).
As páxinas do xornal "InfoHispano" tamén se fixeron eco da presentación do proxecto Mar Maior na Federación de Sociedades Galegas da rúa Chacabuco, nun acto presidido por Francisco Lores (presidente da institución) e no que participaron Débora Campos e Ruiy Farías, ademáis de Víctor F. Freixanes, director de Editorial Galaxia.
Á dereita destas liñas podes acceder ás noticias de "Infohispano" na que se dá conta da presenza da nosa editorial nas terras arxentinas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email