Escoller onde buscar

Dous libros de Galaxia, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

Dous libros da Editorial Galaxia están de finalistas dos prestixiosos premios Frei Martín Sarmiento. É un dos galardóns máis cobizados do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos dous últimos anos son, ao seu xuízo, os mellores.
O grupo coruñés Chuches Amil está de finalista na categoría de Educación Infantil co seu libro-disco UN CONTO AO REVÉS publicado na colección Sonárbore.
Pola súa banda, Celia Díaz, coa súa novela A BOCA DO MONTE, optará ao galardón na categoría de 1º e 2º da ESO.
Unha boa colleita que nos enche de ilusión a todo o equipo editorial de Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email