O suplemento Fugas de La Voz de Galicia fai un reconto do máis vendido do verán, destacando as novelas O último barco de Domingo Villar e Beleza Vermella de Arantza Portabales. Estamos moi contentos porque de entre a moi variada oferta que se pode atopar en todas as librarías de Galicia, estes dous títulos, editados pola Editorial Galaxia, figuran entre a lista de éxitos deste estío.