De novo o VENTO FERIDO de Casares nas librerías

Categoría: Nova

Dende o intre da súa publicación no ano 1967 na colección Illa Nova de Galaxia, ata as sucesivas reedicións na súa Biblioteca Carlos Casares, esta obra non deixa de sorprender en cada nova lectura. Con ela, Carlos Casares iniciaba unha andaina literaria fecunda e abondosa que non deixaría sen tocar ningún xénero literario.
Agora, VENTO FERIDO volve ás librerías nunha nova fornada de exemplares a disposición dun público galego que vai renovando, ano tras ano, xeración tras xeración, o seu amor pola obra literaria deste ourensán inmorrente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email