Onte tivo lugar a constitución do Xurado do IV Premio Narrativa Breve Repsol. O xurado está composto por cinco membros, cada un dos cales foi nomeado por unha institución:
Nomeado pola Fundación Repsol: D. Francisco Pillado Mayor. escritor e editor, un referente na cultura galega, que dende o comezo foi o impulsor e o asesor do premio. Será o voceiro do Xurado.
D. Modesto Hermida García, nomeado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nomeado pola Real Academia Galega: D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. Académico da Real Academia Galega, catedrático do Instituto e profesor da UNED.
Nomeada por la Asociación de Escritores en Lingua Galega: Dª Maria Canosa Blanco, xoven escritora, poeta e articulista con numerosos galardóns tanto polos seus contos como pola súa obra poética.
E D. Carlos Lema. Nomeado pola Editorial Galaxia. Director de Edicións da propia editorial.
A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro. Por outra banda, a entrega do Premio terá lugar antes de que finalice o ano nun acto público que se celebrará na cidade da Coruña.
O Premio está dotado con nove mil euros e poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, agás a persoa gañadora da edición anterior, cunha obra escrita en lingua galega, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega. As obras orixinais e inéditas teñen que ter unha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120 e deberanse enviar á Refinería de Repsol na Coruña antes do 21 de xullo de 2010.
Gañadores
O Premio, na súa primeira edición de 2006 foi outorgado ao xornalista Miguel Sande pola súa obra "Se algún día esta muller morta" e un accésit a Xavier Lama, profesor da USC e xornalista pola súa obra "O insomnio dous centauros". A gañadora da segunda edición foi a obra "Así nacen as baleas" de Anxos Sumai, escritora que traballa no Consello Galego de Cultura, documentalista e tradutora. En 2008, o narrador, dramaturgo e debuxante humorístico Xosé Luis Martínez Pereiro obtivo o galardón da terceira edición en 2008 coa obra "A verdade como mal menor".