'CANtiGAS no Nadal! é un Festival de música infantil que se celebra en Cangas os días 28, 29 e 30 de decembro no Auditorio municipal a partir das 18:00h.
As entradas para os concertos do festival, poderanse adquirir por 5 euros na taquilla do recinto desde dúas horas antes do comezo de cada sesión.
O abono de 10 euros xa está dispoñible na Casa dá Xuventude e garantirá o acceso gratuíto ao concerto da A Gramola Gominola que se celebra hoxe.
A primeira sesión, hoxe luns, con A Gramola Gominola será de libre acceso ata completar aforo.
Mañá martes Magín Blanco realizará un espectáculo baseado no seu libro-disco "A nena e o grilo" acompañado por Teatro Ghazafelhos.