Concerto de AS MAIMIÑAS no Porriño

Categoría: Nova

AS MAIMIÑAS interpretarán as cancións do seu libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO na librería do Porriño Tía Tata este sábado a partir das 17.30 h. A entrada é de balde ata completar aforo.
O libro disco proponnos unha viaxe arredor do planeta coñecendo as culturas e as músicas dos lugares que estas viaxeiras incansables van visitando nun periplo tolo e moi divertido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email