Concerto de AS MAIMIÑAS en Vigo

Categoría: Nova

AS MAIMIÑAS ofrecerán este sábado un concerto solidario a beneficio da Asociación Aulas Abertas, e centrado no seu libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO.
Un proxecto musical para un proxecto solidario e que busca axudar a que os máis pequenos e pequenas poidan ter un Nadal un chisco mellor dentro do posible.
O acto celebrarase no Auditorio do Colexio Hogar de Vigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email