Chega ás librarías O cidadán perfecto

Categoría: Nova

A colección Costa Oeste acolle, en tradución ao galego de Malores Villanueva, O cidadán perfecto de Raquel Ricart Leal, unha obra que indaga nas posibles derivas futuristas dunha sociedade como a nosa e que non te deixará indiferente.

O cidadán perfecto podería ser calquera habitante de Biotrés, unha cidade abondo grande para que todo o mundo se poida sentir cómodo e crea que é libre. Unha cidade onde non existen a imperfección, nin a vellez, nin a enfermidade, pero onde tampouco está permitido rir, soñar, nin ter unha vocación. Mais toda esta perfección comezará a cambalear o día que lle chegan ao xefe de Escrutinio uns informes desconcertantes que poñen en dúbida as certezas máis fondas desta sociedade e que descobren outras maneiras de relacionarse, de vivir e de morrer. Unha novela que engaiolará aos lectoras máis novos e que é unha porta de entrada excepcional no xénero da distopía e a ciencia ficción!

Comparte nas túas redes sociais ou por email