Na rolda de prensa celebrada no Salón Teatro participaron Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, Juan Carlos Fasero, xerente do AGADIC, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Manuel F. Vieites, director da Escola de Arte Dramática Galega e coordinador da colección.
Os novos títulos no catálogo son 'Manual de práctica teatral feminista', de Elaine Aston, 'A expresión dramática na educación', de Gavin Bolton, 'Teatro occidental: unha historia teatral desde a escenografía', de Anne Surgers, e 'Manual básico de iluminación escénica' de Antonio López-Dávila.
Con estes novos catro títulos a editorial Galaxia segue a apostar pola publicación de textos de teatro coa idea de contribuir, así, a darlle pulo ao nosa escena e aos profesionais que nela traballan.