Álvaro Cunqueiro en Damasco

Coa presencia dalgunhas primeiras autoridades da República Árabe de Siria e unha importante representación das embaixadas de Cuba, Arxentina, Venezuela, Brasil e España, inaugurouse en Damasco a biblioteca "Alvaro Cunqueiro", nas novas instalacións que o Instituto Cervantes dispón na capital siria. En palabras do director do Instituto, o xornalista e poeta César Antonio Molina, que […]

Editorial Galaxia presentou o número 170 da revista Grial, "Memoria do 36"

Grial. Memoria do 36 propón unha reflexión sobre a memoria e a relación que a sociedade mantén co seu pasado. Falar da memoria é falar dun territorio común que se constrúe no tempo, do diálogo que a sociedade mantén co seu pasado e que formula non dun xeito inocou, tampouco inocente, senón con intención e […]

Editorial Galaxia presenta "O goberno do mundo"

Editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares queren poñer a disposición dos lectores as palabras pronunciadas nos II Encontros de Mondariz-Balneario, que tiveron lugar en setembro do ano 2004. A finalidade destes encontros é a de reunir xentes de distintas procedencias ideolóxicas e profesionais para discutir temas políticos e culturais de transcendencia internacional, nun ambiente […]

Chega a época dos cogomelos

Co outono chega o momento de disfrutar dos cogomelos, un dos praceres da boa mesa. Seducen tanto polas súas formas suxerentes como polo seu excelente sabor.

Unha comunidade perseguida

Xavier Alcalá tense salientado como un escritor que presta as súas mans e a súa capacidade narrativa para desenterrar historias que agochan a esencia do ser galego. Os feitos que ha relatar nesta novela que pecha a triloxía, editada por Galaxia desde o primeiro volume, Evanxélica memoria e que se ha titular Unha falsa luz […]