Presentación de O IMPOSIBLE DE DESATAR na Coruña

Este xoves Iván García Campos presenta a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010, 'O imposible de desatar'. No acto intervirán, canda o autor, o tamén escritor e xornalista Camilo Franco, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Con 'O imposible de desatar' Iván García Campos inicia a súa andaina literaria cunha obra da […]
A saúde do sector cultural galego

Pasada unha semana, é tempo de facer balanzo do Culturgal, a recuperada Feira das Industrias Culturais, escaparate da edición, o audiovisual e a música galega que este ano se celebrou na cidade de Pontevedra coa satisfacción unánime do sector e o compromiso firme de continuidade. "Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá […]
Contoplanet camiño das 1000 descargas

Hoxe venres fará unha semana que están dispoñibles na AppStore a aplicación Contoplanet que supón a posibilidade de descargar cinco contos en galego do noso catálogo para iPad e iPhone. O arranque ten sido realmente espectacular, pois durante a ponte da Constitución, a aplicación xa fora descargada en máis de trinta e cinco países, sendo […]
'Que me queres, amor?' sairá en chinés

O libro de contos de Manuel Rivas, 'Que me queres, amor?' vai aparecer proximamente en mandarín da man da editorial Xangai 99 que realizará unha tirada de 8000 exemplares. O libro, Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, xa coñece traducións a vinte e cinco linguas diferentes. As dezaseis narracións que compoñen […]
Unha cociña na que nos recoñecemos

O salón do Real Club Náutico de Vigo quedou pequeno para acoller a presentación do novo libro de receitas do cociñeiro Benigno Campos. O acto, presidido por palabras emocionantes e discursos sobre a felicidade, encheuse tamén de música. Por algo este novo receitario vén acompañado dun CD coas cantigas do programa de Larpeiros. Abriu o […]
Ángel Llanos na presentación do seu libro

O día de onte foi importantísimo na vida longa e fecunda do fotógrafo Ángel Llanos, de quen a nosa editorial onte presentou o libro 'Ángel Llanos, fotógrafo' escrito por Xerardo González Martín. Ata última hora non sabiamos se o gran mestre ía estar compartindo con nós o instante da saída á luz do seu legado […]
Presentación de ALGO MÁIS QUE UN CAFÉ. O DERBY DE VIGO

Albino Mallo presenta este libro que percorre a historia do café Derby de Vigo. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Santiago Domínguez Olveira, Tenente Alcalde do Concello de Vigo, e Fernando Franco, xornalista. Nesta obra, Albino Mallo (Vigo, 1929) regresa á xeografía da súa infancia falándonos do café que o seu […]
Presentación do DICIONARIO GALEGO DE PEDAGOXÍA

Participan neste acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Juan Casares Long, Reitor da USC, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, o Decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás, e os directores do dicionario, Felipe Trillo e José Antonio Caride. Este dicionario ten máis de 500 entradas nas que 176 especialistas […]