Unha historia de amor que nos interpela

"A miña historia é persoal. Non pretende representar xeración ningunha. Aínda que é certo que o que conto lle sucedeu a moita xente do meu tempo, mozos e mozas que vivimos aqueles días", explica Xulia Alonso, autora de "Futuro imperfecto", que se presentou na Festa do Libro da cidade da Coruña. O xornalista Fran P. […]
Pero Lois Pereiro aínda

É unha opinión unánime que en poucas ocasións como a presente, a figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas consegue unir a tantas xeracións de galegos e galegas. A obra de Lois Pereiro, ben coñecida por moitos e por moitas, a pesar da súa escasa produción bibliográfica, espallárase como poucas veces se tiña visto […]
Faleceu Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego finou o pasado venres na súa casa de Vigo da Praza de Compostela aos 97 anos de idade. A súa vida principiara en Vilanova de Lourenzá no ano 1913. Intelectual galeguista, expresidente da Real Academia Galega e fundador da Editorial Galaxia con Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Xaime Isla no ano […]
Arredor de don Paco

Alí estaban todos. Os discípulos de don Paco. Aqueles e aquelas que, dun xeito ou doutro, se sentían vencellados á relación e as ensinanzas de Francisco Fernández del Riego. Con 97 anos, o intelectual galeguista, fundador e director ata hai poucos meses da Fundación Penzol, fundador da Editorial Galaxia en 1950, membro da Real Academia […]
CONVOCATORIA AO POBO GALEGO NA MEMORIA DO EXIMIO GALEGUISTA E EGREXIO INTELECTUAL

Seguindo o seu desexo expreso, o noso chorado Francisco Fernández del Riego foi despedido na intimidade da súa familia. Como expresión pública de homenaxe a quen foi o seu fundador, padroeiro vitalicio e director desde 1963, a Fundación e Biblioteca Penzol, que el mesmo considerou o seu fogar cultural durante a maior parte da súa […]
"Un abrazo para Castelao"

Aldara Diéguez foi a asinante máis nova que veu despedir a Francisco Fernández del Riego no memorial instalado na Fundación Penzol en Vigo. "Grazas por todo o que nos regalaches e por todo o que fixeches pola nosa lingua e cultura. Espero que estés ondes estés disfrutes desta homenaxe que sen dúbida algunha tes ben […]
Pasamento dun histórico do galeguismo

Nas dependencias da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, desenvolvéronse durante dous días, domingo e luns, os actos cívicos de despedida a don Paco: Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), fundador da Editorial Galaxia en 1950, avogado, escritor, xornalista, figura sobranceira do galeguismo. Persoas de toda condición, institucións públicas e privadas, […]
Don Paco xa descansa en Nigrán

As notas da gaita de Carlos Núñez anegaron o camposanto e sobre todo os corazóns emocionados de todos os que quixeron acompañar a Francisco Fernández del Riego neste instante derradeiro. O desexo do histórico galeguista era repousar canda as da súa dona, falecida hai seis anos. O pasamento de don Paco xerou unha vaga maxestuosa […]