Falando de Viños e Literatura

O pasado xoves, o cociñeiro Benigno Campos achegouse ata a librería Nós da Coruña para constatar o éxito que segue tendo entre os lectores e lectoras do país, amantes da boa cociña de sempre, que ateigaron a sala para se xuntar con el nunha conversa na que non se deixou de falar de libros e […]
Recoñecementos para Neira Vilas e Paco Martín

Son estes días de importantes recoñecementos para a Literatura Infantil e Xuvenil galega, concretados nas figuras esenciais de Xosé Neira Vilas e Paco Martín. O primeiro recibiu onte a Medalla Alejo Carpentier outorgada polo goberno de Cuba, mentres que Paco Martín recibirá mañá a homenaxe 'O escritor na súa terra' por parte da Asociación de […]
Entrega do Premio Trasalba 2011 a Ramón Lorenzo

O catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, Ramón Lorenzo Vázquez (Eirapedriña, Ames, 1935), cofundador do Instituto da Lingua Galega (ILG) en 1971, poeta, especialista en léxico e lingua medieval, editor da 'Crónica troiana' e de importantes textos de literatura da Idade Media, fundador e director da revista 'Dorna', académico da Real […]
Pílula cosmopolita

A poeta Lupe Gómez tamén participou en 'Cociñando ao pé da letra' que estes días estamos a presentar por todo o país. Para o libro atreveuse cun 'Pisto Multiétnico e Multicolor'. Deixámosvos as súas verbas aquí para que tamén poidades preparalo. "O entusiasmo é a luz, existe un mar, claras horas de auga." (Xohana Torres) […]
Ramón Lorenzo recibiu a homenaxe da Fundación Otero Pedrayo

A Fundación Ramón Otero Pedrayo homenaxeou o pasado domingo a Ramón Lorenzo, catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago e cofundador do Instituto da Lingua Galega, coa entrega do premio Trasalba. Lorenzo dixo sentirse moi honrado por este premio ao tempo que pediu unha revolución para a nosa lingua nun acto no […]
Empanada de millo de croques

Para o proxecto 'Cociñando ao pé da letra', a escritora Fina Casalderrey preparou unha Empanada de Millo de Croques que deixamos aquí. Boa idea para o xantar de hoxe. RUSTRIDO: 1kg de cebolas, 1 pemento (mellor entre verde e encarnado), 4 dentes de allo, 2 ou 3 tomates maduros, aceite de oliva, pirixel, un lisco […]
Desaparece a edición impresa de "Galicia hoxe"

Non son boas noticias. Dun tempo para acó as empresas xornalísticas e de comunicación que viñan mantendo viva a lingua galega están a cerrar as portas, polo menos no que se refire a medios impresos. Quédanos a web, a rede, o ciberespazo, que empeza a ser un refuxio, agocho para resistir, agardando mellores tempos. O […]
Un enlace brusco e gustoso

O poeta participou tamén en 'Cociñando ao pé da letra'. Atreveuse cun bonito de perfecto gourmet que vos deixamos aquí. BONITO AO FORNO CON CAPONATA bonito ao forno (para 6 persoas) 2 quilos de bonito 1 quilo de patacas allo machucado pirixel viño branco (a discreción) xamón (a discreción) chourizo (a discreción) aceite 2 cebolas […]