BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA en Vigo

Van participar neste acto Francisco Castro, editor, Antón Seoane, músico de Milladoiro, e Anxo Pintos, músico de Berrogüetto. Trátase da primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira. Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. […]
Conversas con Rogelio Groba

Neste mes de novembro, Editorial Galaxia publicará un libro de conversas co compositor e director de orquestra Rogelio Groba, que acaba de obter o Premio Cultura Galega de Música. O libro, titulado 'Diabolus in musica', do que é autor Manrique Fernández, inclúe un CD cunha selección ampla e variada de pezas musicais feita polo mestre […]
O compositor Rogelio Groba recibe o Premio Cultura Galega de Música

O compositor Roxelio Groba foi distinguido onte pola Xunta de Galicia co Premio Cultura Galega de Música. Recentemente publicamos a súa obra 'Once baladas galegas. Versións sinxelas para piano' e antes de fin de ano publicaremos, da man de Manrique Fernández, 'Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba'. O xurado dos Premios da Cultura Galega […]
Gaña un libro coa biografía de Berrogüetto

O vindeiro venres 11 do 11 do 11 presentaremos na Cidade da Cultura de Galicia o libro, escrito por Fernando Neira, cun CD e un DVD en directo e un tema inédito e limiar de Manuel Rivas, 'Berrogüetto, o pulso da terra', a súa biografía oficial na que se repasan quince anos de carreira. Co […]
Presentouse NÓMADES na Coruña

Nunha librería Arenas que quedou pequena para acoller a tanta xente, Xosé Tomás, acompañado de Miguelanxo Prado e do editor do libro, o escritor Francisco Castro, presentou onte 'Nómades', novela coa que Editorial Galaxia inicia a súa colección de Novela Gráfica. Miguelanxo Prado deu a benvida á colección de Novela Gráfica. Comezou aclarando que 'a […]
Editorial Galaxia recibe o premio 'Vigueses na Onda 2011'

Galaxia foi distinguida na categoría de Promoción da Cultura co galardón 'Vigueses na Onda 2011' que premia en distintos ámbitos ás persoas e institucións da cidade olívica (onde a nosa editorial ten a súa sede) polo seu traballo sostido a prol da cultura, das artes, da empresa, do deporte… O Salón Principal do Hotel Pazo […]
A derradeira fotografia

No cadro histórico de Xohán Ledo, onde aparece o primeiro equipo de xestión da editora, capitaneado por Francisco Fernández del Riego, está o retrato de Rufo Pérez González, acompañado de Antón Beiras, Xaime Isla Couto, Emilio Álvarez Blázquez, Luis Viñas Cortegoso, Xosé Meixide González e o propio pintor, primeiro deseñador de Galaxia: Ricardo García Suárez […]
40 anos do Instituto da Lingua Galega

Con colaboracións de Ernesto González Seoane, Serafín Alonso Pintos, Xavier Gómez Guinovart, Marcos Bagno e María Dolores Villanueva, a nosa revista súmase ás comemoracións que se veñen celebrando nestas datas co gallo do 40 aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega na Universidade de Santiago de Compostela (1971). A creación do ILGA considérase unha […]