Concerto de MARÍA FUMAÇA en Vigo

Despois de parar o seu tren de alegría e música en Pontevedra e Santiago, a locomotora de María Fumaça chega este venres á cidade de Vigo. Será ás 18 horas no Auditorio Municipal cando Blanqui Francés, Uxía, "a marabillosa banda do cuartel" (Paqui, Fon, Varo e Olih), Chary, Iria e a súa mamá, Manuel Sío, […]
Concertos de Mamá Cabra e María Fumaça

Como xa informamos hai días, a Editorial Galaxia organiza unha serie de concertos de música infantil protagonizados por dous grupos musicais que recentemente publicaron libro-disco-dvd na nosa editorial. Referímonos a Mamá Cabra, que ven de presentar o seu terceiro traballo en Galaxia, 'Bicos de Música' e, por outra banda, María Fumaça, orixinal familia musical que […]
Adeus a Ceferino Díaz

O pasado 23 de decembro deixounos Ceferino Díaz (Escairón. O Saviñao, 1947), figura sobranceira do galeguismo socialista, autor da nosa editorial. En decembro de 2007 publicamos na colección memoria "A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981. Unha ollada dende o socialismo galego", que viña ser unha crónica persoal, moi documentada, sobre o proceso automómico que se […]
Presentación de DÚAS LETRAS en Pontevedra

Este xoves, a Asociación de Veciños do Burgo organiza a proxección da película e presentación do libro 'Dúas letras', de Eloy Varela e Fina Casalderrey. Unha nova ocasión para achegarse a este filme que xa recibiu varios premios en festivais como o de Cine de Bueu, Primavera de Vigo e Cans onde recolleu o Premio […]
Xaime Subiela gana o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Hoxe reuniuse en Santiago de Compostela, no Centro Ramón Piñeiro o xurado da XII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Gas Natural Fenosa. O xurado, composto por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme […]
A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE en Ribeira

A escritora e xornalista María Solar presenta este seu novo libro. Estará acompañada polo editor, Francisco Castro, Quico Cadaval e Tonhito de Poi. 'A verdadeira historia da mosa da tele' naceu, dalgunha maneira, nun plató de televisión. Aí foi onde a María Solar se lle ocorreu a idea para o seu terceiro conto infantil, 'A […]
Concerto de MARÍA FUMAÇA en Pontevedra

Segue a xira da locomotora María Fumaça por toda Galicia. Este sábado, o tren máis festivo que nunca houbo nin haberá, ten parada en Pontevedra para argallar un espectáculo musical arredor dun proxecto que nace dun dos libro-discos máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. randes artistas da […]
200 anos de contos

Hai douscentos anos, tal día coma hoxe, aparecía a primeira compilación de contos escritos polos Irmán Grimm. Dende aquela, a súa obra foi traducida a 170 idiomas, entre outros, por suposto, ao galego. Na nosa editorial temos cinco títulos no catálogo, 'Os catro amigos', 'Branca de Neve e os sete ananos', 'Os sete cabuxos', 'Os […]