Xa está aquí o Inspiraciencia 2019

Ábrese a novena edición de Inspiraciencia, un concurso de relatos de inspiración científica impulsado pola Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas en Cataluña coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e onde a Editorial Galaxia é unha das entidades promotoras. O prazo de presentación dos relatos finaliza o 19 de […]
Antonio Fraguas: Letras Galegas 2019

Con motivo da homenaxe a Antonio Fraguas polo Día das Letras Galegas, presentamos dende Galaxia as principais novidades que se publicaron ao longo de ano arredor do autor. Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva Gesteira é a única biografía sobre este autor destinada a un público adulto. Esta obra marca unha viaxe polo […]
Preséntase en Santiago de Compostela Beleza vermella

O pasado 9 de maio chegaba ás mesas de novidades Beleza vermella, a nova novela de Arantza Portabales. E hoxe, mércores 15 de maio ás 19:30h, estaremos na libraría Cronopios de Santiago de Compostela para asistir á súa presentación. Acompañando á autora estarán a escritora Inma López Silva e Francisco Castro, director xeral da Editorial […]
Galaxia recibe dous premios na Gala do Libro 2019

O pasado sábado, 11 de maio, déronse a coñecer no Teatro Principal de Santiago de Compostela as obras gañadoras da Gala do Libro 2019. E foron dúas as obras da Editorial Galaxia galardoadas nestes premios: Natura, de Iolanda Zúñiga, na categoría de narrativa, e Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes, en poesía. A Gala […]
Galaxia reafirma o seu compromiso co Autismo

Galaxia renova o seu convenio coa Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo coa intención de fomentar a inserción laboral das persoas con autismo. No ano 2017 a Editorial Galaxia sumouse ao programa Axúdalle a encaixar, da Asociación de Trastrornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVi), co obxectivo de brindar oportunidades no mercado laboral […]
A casa do terror gaña o Premio Martín Códax da Música 2019

Péchase a VI Edición do Premio Martín Códax co galardón a Xoán Curiel e a Banda do Verán na categoría de música infantil pola súa obra A casa do terror. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade […]
Chega ás librarías Beleza vermella de Arantza Portabales

Mañá, xoves 9 de maio, Arantza Portabales regresa ás librarías co seu último traballo, Beleza vermella, unha novela negra que non deixará indiferente a ninguén. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, publicada inicialmente en galego por Galaxia e finalista do Premio San Clemente, traduciuse a outros catro idiomas: castelán, italiano, hebreo […]
Campus Morte gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

Campus Morte, a primeira novela de Lito Vila Baleato, resultou o pasado venres a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Un galardón que o autor recolleu nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Deste xeito, o debut narrativo de Vila Baleato, […]