Ricardo Carvalho Calero: Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), escritor, historiador da literatura, crítico literario, lingüista e filólogo, foi escollido hoxe polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2020. Primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, doutor […]

Celebramos o Día Mundial da Música con Unha historia da música en Galicia. 1952-2018

Hoxe, 21 de xuño, celebramos o Día mundial da música, organizado pola Unión Europea dende 1982 co obxectivo de promocionar a música mediante todas as súas vertentes. E que mellor forma de celebralo que viaxando a través de Unha historia da música en Galicia. 1952-2018, de Fernando Fernández Rego. Adéntrate en profundidade na historia da […]

Chega ás librarías Os amorodos de Bergman, Premio Ramón Piñeiro 2018

Os amorodos de Bergman, obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018, chega ás mesas de novidades da man de Fernando Redondo Neira e a Editorial Galaxia. A obra galardoada nesta XVIII edición, Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira, amosa unha ollada do universo do cinema feita a partir dunha experiencia galega […]

Ana Abad de Larriva gaña o II Premio Roberto Vidal Bolaño

Reunido nas oficinas da sede da Editorial Galaxia en Vigo esta mesma tarde, un xurado composto polo dramaturgo Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do II Premio Roberto Vidal Bolaño a obra A […]

Unha historia da música en Galicia xa dispoñible en prevenda

Ata o 27 de xuño podes mercar por 34,40 euros, cun 20% de desconto sobre o prezo orixinal (43 euros) a obra máis completa sobre a historia da música galega: Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Ademais, nesta opción de prevenda inclúense os gastos de envío a nivel nacional. Centos de horas de entrevistas […]

Carlos Lema escribe sobre O último barco: a “novela democrática”

No último número da revista Grial, Carlos Lema, director de Edicións desta casa, escribe sobre a “novela democrática” a propósito da publicación de O último barco, de Domingo Villar, o peche da triloxía protagonizada polo inspector Leo Caldas que xa leva máis de 10.000 exemplares vendidos en galego: “A novela é, de seu, unha representación […]

Grial Parga escribe sobre O colapso territorial en Galiza

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, Grial Parga afonda en O colapso territorial en Galiza, un ensaio no que Xosé Constenla Vega desenvolve unha serie de teses teóricas sobre a perda de complexidade no modelo territorial galego e o colapso que leva implícito. “O colapso territorial en Galiza, obra fundamentalmente teórica, […]

Prudencio Viveiro escribe sobre Golpistas e verdugos de 1936

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, o historiador Prudencio Viveiro Mogo afonda en Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, unha proposta colectiva editada polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Baixo este título aparecen recollidos varios traballos de […]