Convócase a XIX edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Categoría: Nova

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XIX Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro. Este premio acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
As/os aspirantes ao premio poderán participar cunha obra orixinal e inédita escrita en lingua galega, cunha extensión de entre 200.000 e 300.000 caracteres e de temática libre, evitando o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico. A obra gañadora recibirá un premio de 3.000 euros e a súa obra publicarase na colección Ensaio da Editorial Galaxia.
O prazo para enviar as obras remata o 5 de novembro e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro. Dito xurado estará composto por cinco membros nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.
Podes acceder ás bases ao completo aquí.
Non esperes máis para participar!

Comparte nas túas redes sociais ou por email