Carlos Casares e Albert Camus

Categoría: Nova

No último número de GRIAL dedícase o corpo central a analizar a importante influenza que, en escritores e no conxunto da cultura galega, tivo o existencialismo e sobre todo a figura de Albert Camus. Durante este mes de xullo estamos debullando a publicación deixando para a súa descarga distintos traballos que nos achegan á figura poliédrica de Camus.
Desta volta, dúas persoas que coñeceron moi ben a Carlos Casares como son Damián Villalaín e Carlos Fernández, achéganse á relación entre ambos os autores.
Deixamos, á dereita destas liñas, a ligazón para a descarga en formato PDF do seu traballo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email