Cantaruxa coa Bruxa Maruxa en TEO

Categoría: Nova

'María Fumaça' leva sendo un dos grandes éxitos musicais do noso país dende hai xa un par de anos. Poucos nenos e nenas de Galicia quedaron sen ter a oportunidade de cantar e bailar con esta locomotora festeira. Agora, para seguir gozando, estamos levando por Galicia un concerto en pequeno formato protagonizado pola Bruxa Maruxa (Uxía) e o seu axudante (o músico ‘brasilego’ Sergio Tannus) coa idea de visitar os colexios e os concellos que queiran acollelos. Está garantida a diversión, ledicia musical por un tubo e a poesía. Todo enmarcado nun canto feliz á diversidade.
A Bruxa Maruxa chega agora a Teo…quen quere cantaruxar?

Comparte nas túas redes sociais ou por email