As Cancións para desafinar da Gramola Gominola nos medios de comunicación

Categoría: Nova

Nas últimas semanas, A Gramola Gominola estivo presentado Cancións para desafinar, o seu último traballo publicado na colección Sonárbore, nalgúns medios de comunicación, e despois de sabermos que son finalistas por segundo ano consecutivo nos Premios Martín Códax da Música, sobran as recomendacións, mais velaquí vos deixamos unhas poucas.
Así por exemplo, nesta entrevista en La Mariola, dise “a Gramola Gominola é un claro exemplo do bo momento que está a vivir a música infantil en galego. Estamos rodeados de creatividade made in Galicia, onde xorden proxectos cargados de ilusión por transmitir tanto a través da música. “Tanto os grupos coma as editoriais fixeron un gran esforzo estes últimos anos”, conta Paco Cerdeira, “a nosa editorial, por exemplo, a editorial Galaxia coa súa colección Sonárbore, fixo unha gran labor, e sen menospreciar ao resto das editoriais que tamén traballan neste eido arreo. Se facemos unha listaxe do que había fai catro ou cinco anos, polo menos do que tiña sona nese momento, e o comparamos co que hai hoxe en día, no momento actual, creo que é bastante evidente o “boom”“.
Ademais, a web sinala que “os concertos gramoleiros son divertidos, participativos e sempre didácticos”. E Paco Cerdeira, guitarrista e líder do grupo conta “somos un grupo de rock para os nenos e nenas de 0 a 99 anos, ou mais… Nacemos con esta premisa e para nós é así, é importante darlle aos nenos o mellor de nós musicalmente falando, polo respecto que lles temos e que se merecen, así que principalmente facemos a nosa música con moito agarimo e coa intención de que lle guste a todo o mundo, sen diferencia de idade“.
Por citar só algúns dos lugares polos que pasou A Gramola Gominola, velaquí a reseña do sitio web O Mundo ao Revés e o seu podcast. Tamén esta entrevista en Cuac FM. En Pontevedra en la Onda, cunha entrevista dende o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, e na súa sección Cantamos en galego. No programa A Revista da TVG. E no portal Culturagalega, onde podes escoitar as cancións do novo disco.
E a rockandrollear!

Comparte nas túas redes sociais ou por email