Que sexa un tempo de estrelas brillantes, que olledes cara enriba das vosas cabezas e só vexades un ceo cheo de amor, de soños, de agarimo, de compañía. Que haxa verbas de consolo para quen o precise. De ánimo que nos axude a camiñar como persoas e como país. Que haxa paz. Que se senten todos e entendan que as guerras non son linguaxe. Que a igualdade non sexa unha reivindicación e si un dereito.
Que o mundo sexa mellor.
E que veña o futuro cargado de libros en galego.